Axenda festivaleira para esta fin de semana

Esta finde non hai escapatoria posíbel aos festivais. 

VILAXOÁN

Arrinca o Revenidas 2016 esta sexta feira e até o domingo. Un cartaz de luxo, dous escenarios, boa música e moitas actividades durante o día que inclúen intervencións de arte urbana e tamén propostas para as crianzas. 

FERREIRA DE PANTÓN

O Festival do Castro terá lugar o 20 de agosto en Pantón. Boa música mais tamén artesaría, xantares e teatro. 

BURELA

Festival Osa do Mar na Mariña para acompañar a xornada de praia con boa música. 

ALTERNATIVA

Se o prefires propómosche coñecer o Suído na Dorsal Galega entre Avión e A Lama, Fornelos de Montes e O Covelo. Un miradoiro desde o que ollar as Cíes.