Axenda fin de semana: música, teatro, cinema e fotografía... de todo!

O Grove 11.10.18 Carpa dos concertos 21.30

Os Concertos do Marisco contarán con tres das voces máis potentes do panorama musical galego: Sés, Mercedes Peón e Sonia Lebedinsky! Imperdíbel.

 

Carballo 13.10.18 Cereais Porteiro (Gran Vía 36)

IICertame Microteatro M2

Teatro do mínimo en primeiro plano desde espazos cotiás e nun metro cadrado, con seis propostas escénicas, perfomance, clown, danza, música, e poesía.

 

A Coruña 13-21.10.2018 CGAI

FKM, Cinema Fantástico

Bota a andar a X edición do Festival de Cinema Fantástico, de terror e de ciencia ficción cunha coidada escolma de longametraxes e curtametraxes de amplo percorrido.

 

Ourense 14.10.18 Sala Princ. Auditorio 12.00

Pavillón Lino

Espectáculo para público familiar da man de Caramuxo Teatro, unha nova proposta escénica que homenaxea o desaparecido “Pavillón Lino” da Coruña, un espazo cultural de estética modernista.

 

Narón 14.10.18 Pazo da Cultura 18.00

Músicas para a Semente

A Escola de Ensino Galego Semente de Trasancos organiza un festival de apoio ao proxecto que contará con actuacións musicais e coa presentación de Xurxo Souto.

 

San Sadurniño. Até 31.10.18 Casa do Concello

Fotógrafo de Mauthausen

A asociación Concienciarte propón unha exposición impactante sobre a vida de Francesc Boix, o mozo fotógrafo que documenta o horror do exterminio en Mauthausen. Expo: Um olhar inédito

 

Vigo. Até 14.11.18 Centro Camões

Expo: Um olhar inédito

A mostra, con fotografías de Aurélio da Paz dos Reis, pretende valorizar as relacións históricas entre a cidade de Vigo e Portugal.