Axenda para esta fin de semana
Teatro Ob-sceno
Compostela
Salón Teatro
24-26.5.2019
19.00h
Continúa o ciclo Teatro Ob-sceno fóra do escenario coas pezas ‘Alicia morreu de sobredose’ de Rinoceronte Teatro, ‘Sofía’ de Inversa Teatro e ‘Pulso’ de Teatro En-Trance.
Elas Son Artistas
A Coruña
Diversos espazos
24.5-2.6.2019
O Elas Son Artistas bota a andar na área metropolitana da Coruña, da sexta feira 24 de maio até o peche o domingo 2 de xuño. Trátase dun festival multidisciplinar que pretende dar voz a moitas mulleres que traballan como profesionais relacionadas coas artes. Contarán coa presenza de Amparo Sánchez, Stacie Collins, Anarchicks, The Lucilles Sweet Soul Music, Estrogenuinas, Marem Ladson, Ejazz, Quinteto InVento... e moitas máis propostas a descubrir.
Festival Contra-Letras
Carballo
Casino 1889
25.5.2019
12.30h
O Festival Contra-Letras do Casino 1889, en Carballo, festexará o "Día da Toalha" este sábado 25 de maio ás12.30h. Así, este “Día da Toalha: Día do Orgulho Lusista e Reintegrata", que se celebra cada cada 25 de maio, pechará a programación do Festival Contra-Letras, organizado arredor do Día das Letras Galegas.
Contacontos para a igualdade
Compostela
Ludoteca María Miramontes
25.5.2019
12.00h
Unha sesión de narración oral destinada ao público infantil que lle dá unha volta aos clásicos, "Contos vellos, novo final", da man de Caxoto.
Foliandaina das Letras
Negreira
Refuxio dos Pescadores
25.5.2019
12.00h
Un roteiro circular para coñecer polo miúdo diferentes recunchos da comarca de Barcala, apta para crianzas e maiores, con xantar popular e foliada para continuar a festa das nosas letras.
VI Carreira Popular de San Sadurniño
San Sadurniño
Arboreto galego da Cortiña
26.5.2019
11.00h
É a súa sexta carreira popular, aberta a categorías desde biberóns até máster e con distancias adaptadas, fai parte do calendario oficial da Federación Galega de Atletismo.
Danza
Castrelo de Miño
Parque Náutico
26.5.2019
12.00h
Dentro do ciclo Danza3, a agrupación O Fiadeiro de Vigo propón este espectáculo de danza e música tradicionais recuperadas das catro provincias galegas cos seus vestiarios propios.
Sesión de Filmoteca: Dhogs
Pontevedra
Cineclube
27.5.2019
20.00h
Proxección audiovisual de Dhogs, de Andrés Goteira, filme definido como unha insólita
xoia do cinema fantástico e vangardista galego.