Monicreques, música e literatura para o teu lecer
Eis a axenda para esta fin de semana, con moita música, monicreques, literatura, banda deseñada e arte.
Sábado
Güela-Güela
Arteixo
Auditorio do Centro Cívico Cultural
18.30h
Espectáculo de monicreques a cargo da compañía Galitoon, en que se narra unha sorprendente historia cargada de diversión, humor e moita música.
Presentación de “Cando cae a luz”
Santiago de Compostela
Libraría de Mulleres Lila de Lilith
19.00h
María Canosa presentará o seu último libro, Cando cae a luz, unha antoloxía de relatos de terror publicada ao abrigo de Urco Editora.
Clave de Fado presenta o seu novo disco
Moaña
Var con Uve
20.01.2017
22.30h
Arifi, unha simbiose de músicas da Península Ibérica con sons árabes e ritmos procedentes da música tradicional galega.
Presentación da História da Língua em Banda Desenhada
Vilar de Santos
A Arca da Noe
21.30h
Através Editora presenta a reedición da historia da lingua galega desde a perspectiva reintegracionista, con ocasión dos 25 anos da súa primeira edición.
Ruxe Ruxe en concerto
Ourense
Sala Berlín
21.01.2017
21.00h
Concerto de Ruxe Ruxe, con temas xa clásicos e do novo álbum, 20’, disco de celebración do vixésimo aniversario da banda de punk rock.
Toda a fin de semana
Obras pictóricas de Carmen Lazcano Novoa
Pontevedra
Biblioteca Pública Antonio Odriozola
Até o 17 de febreiro.
“As Paisaxes Imaxinadas”, unha exposición que viaxa pola obra pictórica da artista e creadora Carmela Lazcano Novoa.
-------------------------
115 aniversario do nacemento de Plácido Castro
Santiago de Compostela
Biblioteca Pública Ánxel Casal
Até o 31 de xaneiro
Escritor, xornalista e tradutor galego, Plácido Castro naceu en Corcubión o 25 de xaneiro de 1902 e finou en Cambados o 17 de xullo de 1967. A presente exposición resgata unha das figuras destacadas do galeguismo, activo da cultura galega durante a diáspora, no Reino Unido, tras a Guerra Civil, e aproxímanos a el a través da súa vida e obra.
Domingos do Principal
Pontevedra
Teatro Principal
Até o 5 de marzo.
A programación de teatro para público familiar, Domingos do Principal, acolle unha selección dos mellores espectáculos para público familiar. Un total de 7 compañías realizarán 17 funcións que se definen pola súa variedade e con dupla función, de mañá e de tarde. Este domingo preséntase a obra Retahilando, premiada como mellor espectáculo infantil.