Axenda Fin de Semana
XIII Festival Internacional Rebulir
Ramirás/Celanova/Ourense
Varios espazos
20.12.2018/23.12.2018
11.30h-12.30h
Animación, música, obradoiros e festa en Ourense, Ramirás e Celanova da man do Festival Internacional Rebulir, que decorrerá entre os días 20 e 23 de decembro. Ao longo destes catro días e baixo o lema “Latexando tradición”, o festival acollerá espectáculos de animación e jam session en distintos espazos, obradoiros para públicos infantís e xuvenís, saídas e a feira turístico-gastronómica. O prato forte será o sábado, 22 de decembro, na gala Premios Rebulir da Cultura Galega na que actuarán Carlos Blanco, Guadi Galego e Romaría Raigame, coa presentación de Ce Orquestra Pantasma.
Sicixia
San Sadurniño
Casa da Cultura
21.12.2018
19.30h
Proxección de Sicixia, premiado filme galego protagonizado por Xiao, enxeñeiro de son encargado de gravar as singularidades da Costa da Morte, onde coñece Olalla, guía que o mergulla na idiosincrasia do lugar.
Noitiñas de Nadal
Carballo
Igrexa San Xoán B./Praza do Concello e Rúa Coruña
21.12.2018
20.00h
Cinco agrupacións tradicionais participarán nas xa tradicionais Noitiñas de Nadal do Concello de Carballo. As cantareiras e cantareiros das asociacións Arume de Berdillo, San Campio de Cances, Xoldreira da AC Nemeth e o Coro O'Candil levarán as melodías propias destas datas ao adro da igrexa San Xoán Bautista, á Praza do Concello e a rúa Coruña.
Puño puñete
Ribadumia
Casa da Cultura
21.12.2018
18.00h
Novo espectáculo de Baobab Teatro, unha orixinal proposta para crianzas de 1 a 7 anos para cantar e contar en galeg oa partir de xogo tradicional.
O Ateneo Faise Nadal no Museo
Pontevedra
Sexto Edifico do Museo
21.12.2018
19.30h
Un recital de poesía, microrrelato e música no que tomarán a palabra os escritores Tamara Andrés, Elisabeth Oliveira, Carmen Quinteiro, Pablo Rodríguez e Xaime Toxo entre outras.
Feira do Galo
Arteixo
Diversos espazos
22.12.2018
10.00h
A tradicional Feira do Galo, unha das citas máis coñecidas da comarca coruñesa onde se mestura gastronomía, comercio e lecer, que este ano se xunta coas Xornadas de Tapeo no Nadal.
III Gran Teatro para os Máis Pequenos
Compostela
Salón Teatro
22 e 23.12.2018
17.00h/10.30h
Nómades, de Xarope Tulú, é un espectáculo con taller de carácter visual para público familiar onde o movemento, a música e a palabra habitan a beleza do diverso.
Programa FestAlegre
Compostela
Praza de Praterías
26.12.2018
19:00h
A OCT Ultreia e a Agrupación Cantigas e Agarimos propoñen con “As raíces na pedra” un espectáculo imperdíbel de danza e música tradicionais.
Retrete Cabaré
A Estrada
Teatro Principal
26.12.2018
12.30h
Teatro infantil que xoga coa experiencia en manipulación máxica, de globos e manexo de monicreques.