Colectivos culturais de base da Coruña denuncian que o Concello deixa os barrios sen programación escénica polo San Xoán

RuadaDasXoubas3-1024x768
O Goberno local anunciou dun recorte de 60% no orzamento imposíbel de asumir para as compañías artísticas.

O colectivo Ruada das Xoubas, que leva anos organizando a programación escénica dos barrios da cidade da Coruña con motivo da festa de San Xoán, lamenta o recorte de 60% no orzamento que o Goberno municipal destina este ano a esta partida. A medida fai o seu proxecto "inviábel".

Moitos colectivos de base coinciden en sinalar esta rebaixa nos orzamentos do Concello da Coruña que fai caer unha detrás doutra moitas iniciativas que xa estaban consolidade e que ás portas do verán xa estaban en marcha o fin de completar as programacións estivais que adoitan encher distintos espazos da cidade.

Iniciativas consolidadas

Ruada das Xoubas liderou nos últimos anos a planificación das actividades dirixidas ao público infantil polo San Xoán, con propostas concretas para todos os barrios. Sen as achegas do Concello non poden asumir unha rebaixa do 60%.

Miles de nenos e nenas dos barrios da Coruña non desfrutarán da programación escénica con motivo das festas de San Xoán

Segundo explican nun comunicado dirixido aos medios, "despois de semanas de falta de concreción e de comunicación por parte do Concello, o colectivo de profesionais Ruada das Xoubas, no que se atopan 10 empresas de artes escénicas da nosa cidade, vese na obriga de anunciar que este ano miles de nenos e nenas dos barrios da Coruña non desfrutarán da programación escénica con motivo das festas de San Xoán, evento de interese internacional".

Espactáculo programado polo colectivo Ruada de Xoubas. (Foto: Ruada de Xoubas).

A programación desenvolvida por este conxunto de compañías "era un dos eixos fundamentais para xerar tecido cultural e social entre os barrios", afirman.

A programación, que se estendía durante dez días e que culminaba, normalmente, o 23 de xuño no Campo da Leña, fica baleira de espectáculos no 2024. E non por vontade das entidades culturais de base da Coruña.

Ruada das Xoubas levaba a cabo obradoiros, actividades e representacións escénicas de carácter nacional e internacional, polo que "lamenta profundamente" a falta de previsión e compromiso por parte del Concello ante un evento que debería ser tratado doutra forma "pola súa importancia e pola proximidade das datas".

"Transformación cultural"

A cultura de base da Coruña censura que a alcaldesa da cidade, Inés Rei, se gabe da "transformación urbana, social e cultural máis importante das últimas décadas", como sinalou a pasada sexta feira durante o balance dos cinco anos de mandato do PSOE, cando opta por un aforro imposíbel de asumir para os colectivos.

E non perden de vista que a decisión do Goberno local faise efectiva só unha semana despois de que o pleno municipal aprobase un modificativo de crédito de 3,4 millóns de euros para pagar as facturas pendentes do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE).