QUE FACER?

Comezan as festas do Apóstolo!

Familia Caamagno ao vivo

Deolinda abre esta sexta feira un suxestivo menú de ofertas musicais nas festas por excelencia da capital da Galiza.

Sexta feira

Compostela. Apóstolo 2016. 23.30 horas. Praza do Obradoiro. Deolinda.

Sábado.

Compostela. Apóstolo 2016. 21.30 horas. Praza da Quintana. Xornada de Folclore Galego, con Brincadeira, Cantigas e Agarimos, Colexiata do Sar e Ultreia.

O Grove. Náutico de San Vicente do Mar. Festival Ribeiro Son de Viño. Apertura de portas ás 13 h, catas de distintos viños e apartir das 14 horas, música, con Familia Caamagno, Atrás Tigre, Andoni Arcos, Cristina Alcalá, Aries, Thee Blind Crows, Triángulo de amor bizarro, Músculo.

Domingo

Compostela. Apóstolo 2016. 22 horas. Praza da Quintana. Concerto da banda municipal de música.

Toda a fin de semana

Exposición Rostros do País, de Xurxo Lobato, na Cidade da Cultura. Até Setembro.

Redondela. Casa da Cultura. Exposición Mulleres en acción: violencia zero. Até o 31 de xullo.