O compositor de Goián Andrés Álvarez, mención de honra nos Hollywood Music Awards

A obra é un concerto para banda sinfónica e quinteto de vento, encargo do quinteto galego Rubato.

O compositor de Goián Andrés Álvarez recibiu a mención de honra na gala dos premios Hollywood Music in Media Awards (HMMA) que decorreu en Los Ángeles (California) pola súa composición 'Symphonic Sketches'. Estes premios da música abranguen diferentes categorías, desde clásica até rock, pasando por música para cine, videoxogos, música folk, blues...

Andrés Álvarez posúe varios premios de composición e a súa obra foi interpretada como obra libre e obrigada en diferentes certames internacionis, e interpretada en diferentes países como Francia, Bélxica, Holanda, Italia, Xapón, Venezuela, Colombia ou Brasil. Participou en diversas curtamentraxes e documentais, como 'Sueños de Sal' (gañador este ano do premio Goya ao mellor documental).