Un concerto de frauta barroca en Allariz para encetar o queixo da finde
- Sexta feira
Maio, mes da lingua
Casa da cultura de Lérez
20.30h
Dentro do programa ‘Maio, mes da lingua’, presentación do libro Alén da casta, de Xabier Pérez Davila, organizado pola Asociación Cedofeita.
Concerto de Frauta Barroca
Allariz
Fundación Vicente Risco
20.30h
Concerto de Frauta Barroca a cargo de Manuel Morales, profesor no conservatorio superior de Vigo, con obras de Bach, Boismortier, Hotteterre ou Telemann, entre outros.
- Sábado
Contadas coa súa voz
Santiago de Compostela
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
12.00h
Narración oral coa voz de Carlos Casares, a cargo de Lisístrata co gallo das Letras Galegas, para crianzas de 3 a 12 anos.
Festival GaloRock
Vila de Cruces
Campo da Feira
22.00h
Coas actuacións musicais de Heredeiros da Crus, Fillos do Estramundo, Astarot e Manuel Deandrade.
Festival Real Coro Toxos e Froles
Ferrol
Teatro Jofre
20.30h
Co gallo do 102 Aniversario do Real Coro de Toxos e Froles, realízase o festival de música, canto e danza galega, con entrada de balde.
- Domingo
Ploff...
San Sadurniño
Casa da Cultura
19.00h
Unha peza teatral para gozar toda a familia con dous aventureiros como protagonistas á procura da fórmula secreta dun elixir xabonoso.
AIREnoAR
Ponteareas
Auditorio Reveriano Soutullo
20.00h
Un espectáculo de danza moderna e contemporánea, coa linguaxe non verbal como protagonista, son e movemento en estado puro.
- Toda a finde
Exposición: Laxeiro en conversa
Vigo
Fundación Laxeiro
Até o 15 de xuño.
A mostra toma como fío condutor o Laxeiro máis experimental para marcar unha conexión cruzada cun grupo variado de artistas de xeracións posteriores, tales como Raimundo Patiño, Berta Cáccamo ou Almudena Fernández Fariña. A través dun diálogo híbrido e polivalente, preténdese contrastar diversos aspectos menos coñecidos na obra de Laxeiro.