"Ensaio Amor", no Primavera EnDanza de Carballo, abre o abanico de ofertas esta finde
Danza, música, obradoiros de literatura e arte plástica para as máis cativas... Eis parte da oferta desta finde. Pasen e vexan.
- Sexta feira
Primavera enDanza
Carballo
Auditorio do Pazo da Cultura
21.00h
Presentación do espectáculo "Ensaio amor", da compañía de Nuria Sotelo, unha peza que, a través da música, a danza e as palabras, aborda o universo feminino das súas creadoras.
- Sábado
Estrela Vermelha
Santiago de Compostela
Sala Capitol
20.00h
Durante a Festa XX Aniversario de Estrela Vermelha contarán cos grupos musicais Xenderal, Ruxe-Ruxe e Keltoi!
Arte nos libros!
A Coruña
Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil
12.00h
Obradoiro para as crianzas con lecturas e actividades plásticas dan man de Maruxa Mallo, Luís Seoane, Leonardo da Vinci ou Picasso, entre outros.
Pontevedra Literaria
Pontevedra
11.30h
Desta volta contarán con Xosé Monteagudo para unha aproximación á vida cultural, política e social de Todo canto fomos.
- Domingo
Martes de Carnaval
Santiago de Compostela
Salón Teatro
18.00h
O CDG bota a andar a primeira posta en escena en galego de dous dos esperpentos de Valle-Inclán As galas do defunto e A filla do capitán. As galas do defunto comeza na Galiza en 1898, nunha cidade portuaria. Xa A filla do capitán parte de dous acontecementos reais da época: o pronunciamento de Primo de Rivera en 1923 e o crime do Capitán Sánchez, en 1913.
Os limpa limpa
Redondela
Multiusos da Xunqueira
19.00h
Un espectáculo infantil a cargo de Expresións Producións, cheo de xogos, música, baile, creatividade e moito humor.
- Toda a finde
Nós+outrxs en rede
Lugo
Museo Provincial de Lugo
Até o 30 de abril de 2017
Unha nova edición de Nós+outrxs, un espazo para partillar diferentes reflexións arredor das problemáticas de xénero. Unha mostra plural da man de nove artistas.
Obras en madeira de Anxo Lamas
Lugo
Biblioteca Pública de Lugo
Até o 30 de abril de 2017
Exposición de obras en madeira de Anxo Lamas coa que se pretende render homenaxe a 62 escritoras e escritores da comarca.
MITEU
Ourense
Até o 6 de maio de 2017
Bota a andar a XXII Mostra Internacional de Teatro Universitario (MITEU) cun total de 30 compañías nacionais e de España, Portugal, Costa de Marfil, Irak, Suecia, Holanda e Colombia. Entre o 20 de abril e o 6 de maio poderanse ver as actuacións en diversos lugares como o Auditorio, o Teatro Principal, o Campus universitario, o Liceo e tamén nas rúas de Ourense.