Escolas da Galiza e Portugal suman forzas para un arquivo virtual do patrimonio común
Os centros recolleron centos de imaxes nunha actividade pedagóxica que culmina co outorgamento dos premios este 16 de novembro no Día Internacional do Patrimonio Mundial.
Emigrantes traballando en campos franceses en tempos da primeira guerra mundial, unha tradición festiva con traxes tradicionais nos anos 60, exemplo de xogos e xoguetes a mediados do século pasado, unha Praza de Abastos dos anos 50, o arado en familia dun campo nos anos 60, unha romaría da mocidade de hai tres cuartos de século, ou unha foto nos álbums de moitas familias galegas: a da filla nacida cando xa o pai estaba emigrado que, a modo de postal, chega á outra beira do océano cunhas letras de agarimo no reverso.
Así describen algunhas das imaxes que foron premiadas no III Certame de fotografía "Imaxes do Patrimonio”, unha viaxe pola memoria da man do alumnado galego e portugués, coa colaboración das súas familias e a través da iniciativa da Asociación Ponte... nas Ondas!
O xurado integrárono Anxo Cabada, profesor e fotógrafo, Xerardo Pereiro, profesor e antropólogo, Cristina Sánchez-Carretero, investigadora e antropóloga e, Xerardo Feijoo, membro da Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas! actuando como secretario con voz e sen voto. O fallo do xurado faise público coincidindo coa celebración do Día Internacional do Patrimonio Mundial.
Ducias de centros de ensino da Galiza e de Portugal sumáronse á III edición do Certame de Fotografía 'As imaxes do Patrimonio'. “A iniciativa parte da idea de que o Patrimonio Cultural Inmaterial é un conxunto inmenso de expresións culturais e de tradicións herdadas do pasado que as persoas preservan e se encargan de transmitir ás xeracións futuras. Desde comezos do século XX ese conxunto de expresións herdadas do pasado e transmitidas de forma oral encontraron na fotografía un valioso rexistro documental”, explican desde Ponte... nas Ondas!
Propúxose ao alumnado participante que buscaran, coa axuda dos docentes e na compaña de seus familiares, aquelas fotos que contivesen elementos dese patrimonio cultural
Os premios desta terceira edición:
Categoría Ensino Primario/Ensino Básico
1º Premio: Rafaela Gomes Teles da Escola Básica e Secundaria de Sobreira, Paredes, área metropolitana do Porto
2º Premio: Sira García do CEP Sabarís, Baiona
3º Premio: Maria João Carvalho do Agrup. Esc. Gondifelos. Vila Nova de Famalicão
Accesit: Mariana Guimarães do Agrupamento de Escolas de Gondifelos. Braga
Categoría Ensino Secundario Obrigatorio / Ensino Secundario
1º Premio: Claudia Vigo do IES Antonio Fraguas. Santiago de Compostela
2º Premio: Claudio da Escola Básica e Secundária do Agrup. de Esc.
Muralhas do Minho. Valença do Minho
3º Premio: Greta García Salgueiro do IES Valadares. Vigo
Accesits:
Noelia CAbaleiro Rodríguez do IES Pedras Rubias. Salceda de Caselas
Paula Comesaña Pérez do IES Terra de Turonio. Gondomar
Premio Especial á escola que enviou o conxunto maior de fotografías que, cumprindo as bases do Certame teñan grande relevancia polo seu contido: CEP Sabarís