Que facer esta fin de semana?
12 de agosto de 2016 (16:20 h.)
Propómosche varias opcións.
PONTEVEDRA
Comezan as Festas da Peregrina do 13 ao 21 de agosto na cidade do Lérez.
ALLARIZ
A VII Edición do Festival Internacional de Xardíns está en marcha e pódese visitar até o 30 de outubro.
MUROS
Esta fin de semana ten lugar o Castelo Rock.
VIGO
A cidade olívica acolle o Marisquiño, festival de cultura urbana e deporte de acción. Do 12 ao 14 de agosto. Tamén, o día 15 terá lugar a III edición das Galegas nas letras con homenaxe a María Xosé Queizán.
PRAIA
Para quen decida optar por unha fin de semana de sol e praia (o tempo acompañará) recomendamos as de Carnota e Caldebarcos que visitamos no semanario en papel.