Un facsímile de Uxío Novoneyra conmemora os 40 anos do traslado dos restos de Castelao

Presentación do facsímile, esta quinta feira. (Foto Xunta da Galiza)
Acompáñase dun estudo histórico de Miguel Anxo Seixas Seoane e unha carta de Tareixa Navaza.

A Fundación Castelao, e a Fundación Uxío Novoneyra presentaron esta quinta feira unha edición conmemorativa dos 40 anos do retorno de Castelao á Galiza, deseñado por Niko Alvarellos, con forma de facsímile co documento Castelao, Nacionalista Galego de Uxío Novoneyra e a súa transcrición, acompañado dun estudo histórico de Miguel Anxo Seixas Seoane e unha carta de Tareixa Navaza, coas lembranzas daquela xornada histórica.

A iniciativa, presentada polo secretario xeral da Lingua, Valentín García Gómez, e representantes das fundacións responsábeis da iniciativa, enmárcouse no programa de actos do 40ª aniversario da Volta de Castelao á Galiza.

Os restos de Castelao, foron traguidos polos que se confesan e profesan de non nacionalistas (algúns xa de vello, outros dende hai pouco)e quixeron meter e pechar o nacionalismo galego baixo da lousa de Santo Domingo de Bonaval xunto cos restos do seu líder histórico máis conocido e querido e de pensamento máis actuante e coiles enterrar a nosa esperanza. O noso mais grandee salvador soño colectivo: a libertade e recuperación de Galicia, da súa Cultura e da súa total decisión", escribía Uxío Novoneyra co gallo da volta dos restos de Castelao o 28 de xuño de 1984, hai hoxe exacatamente 40 anos.