Que facer?

A feira Womex, ou como abrir novas fronteiras, agárdanos en Compostela

O músico moçambicano José Mucavele, un dos artistas que tocará no Womex

Como prato forte para esta fin de semana destacamos os concertos, proxeccións de filme e exposicións da feira Womex, en Santiago de Compostela. Un evento idóneo para abrir novas fronteiras musicais e ouvir a grandes artistas procedentes de diversas partes do mundo. 

Sexta Feira

IX Ventorock 

Redondela 

Ventosela

Crianzas e maiores poderán gozar coas actividades programadas neste festival, até o sábado 22 de outubro. Na sexta feira haberá un concurso de Bandas no cal participarán agrupacións como Pelusa (Vigo), Solfabirras (Pontevedra) e Fendecha Sikaflex (Mugardos). O sábado realizarán obradoiros, un magosto e concertos a cargo de Retroblues (Redondela) e The Skarnivals (Bueu), entre outros.

WOMEX 

Santiago de Compostela

A feira das músicas do mundo continúa até o 22 de outubro con actuacións musicais, proxeccións de cinema e exposicións. Destacamos a presenza, na sexta feira 21 de outubro, de Bixiga 70 (Brasil), Throes & The Shine (Angola/ Portugal) e José Mucavele (Mozambique). O sábado 22 de outubro, subirán ao escenario artistas como Gisela João (Portugal), Narf & Timbila Muzimba (Galiza/ Mozambique) e Anelis Assumpção (Brasil). 

Eroski Paraíso e Miguel de Lira

Carballo

Auditorio do Pazo da Cultura

21.00h

Posta en escena de Eroski Paraíso, a nova produción de Chévere, dentro da programación de sala do FIOT. Eroski Paraíso é unha comedia social onde se explora a memoria colectiva dunha xeración. Ao finalizar esta obra farase entrega do premio Xograr de Outono FIOT 2016 a Miguel de Lira pola súa traxectoria profesional. 

Sábado

Curtopia

Valadares

Alg-a LAB

Festival do audiovisual que foca a súa atención no formato curto e documental. Asemade, como actividades paralelas contarán con Webseries, concertos, fanzines, etc.

Domingo

Lobos sucios

Cedeira

Auditorio Municipal

18.30h

Proxección do filme galego Lobos Sucios, unha historia centrada na situación das minas de volframio que foron explotadas na Galiza polos nazis durante a Segunda Guerra Mundial.

Teatro Familiar

San Sadurniño

Casa da Cultura

Representación da obra 2021, unha odisea na Terra, unha comedia familiar de aventuras que aborda os problemas causados pola contaminación ambiental coa finalidade de fomentar as boas prácticas entre as persoas máis novas.   

Segunda Feira

Amal

Santiago de Compostela

Auditorio Abanca

Volta unha nova edición do Festival Amal de cinema euroárabe con once proxeccións até o 29 de outubro. Nesta ocasión, os filmes centran a súa atención no papel da muller dentro da actual sociedade.

Terza Feira

aRi(t)mar

Santiago de Compostela

Teatro Principal

20.00h

Gala de entrega dos premios de aRi(t)mar Galiza e Portugal para dar a coñecer e difundir a música e poesía editada na Galiza e en Portugal, organizado pola Escola Oficial de Idiomas de Compostela.