O Festival do Castro celebra once anos coa banda 'Once Tiros'

[Imaxe Festival do Castro]

Os uruguaios estarán o 20 de agosto en Ferreira de Pantón. 

O Festival do Castro (20 de agosto, Ferreira de Pantón) deu a coñecer xa unha das bandas que actuarán na súa décimo primeira edición. Serán os uruguaios 'Once Tiros' que levarán ao torreiro da festa a súa fusión de ritmos ska, punk e reggae.

Á espera de que a organización complete as confirmacións do cartaz con grupos do país, avanzan que esta será unha xornada cultural e musical como as que veñen desenvolvéndose desde 2006. 

Así as cousas, desde a Asociación O Castro aseguran que con motivo do 11º aniversario incorporarán algunha "actividade sorporesa" polo que insisten "non fagas plans para esa data".