Unha fin de semana para ficar sen folgos
Aline Frazão
Compostela
Sala Capitol
25.4.2019
20.30h
A cantora angolana Aline Frazão presenta 'Dentro da chuva', nun concerto polo Día da Liberdade, coa cantora brasileira Kátya Teixiera, a galega Uxía e o multi-instrumentista brasilego Sérgio Tannus.
O baile tradicional, un patrimonio do século XXI?
Compostela
Museo do Pobo Galego
26.4.2019
“A voltas co baile” é unha xornada que pon o foco na necesidade de declarar o baile e as danzas tradicionais Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade pola UNESCO. Esta iniciativa, impulsada desde 2013 polo colectivo XOC, plataforma formada polas asociacións Xacarandaina, O Fiadeiro e Cantigas e Agarimos, convida agora a diferentes profesionais relacionadas co baile e co patrimonio. A cita, organizada polo Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo do Pobo Galego, será na sexta feira 26 de abril, no Museo do Pobo Galego, e na mesa participarán Rebeca Ces, Xulia Feixoo, Aurora Muíños, Belén Saénz-Chas, Cristina Sánchez Carretero e Olaia Tubío.
Kátya Teixeira, em concerto
Fundaçom Artábria
Trasancos
26.4.2019
20.30h
Para comemorar a Revoluçom dos cravos, petiscos da lusofonia e concerto da cantora brasileira Kátya Teixeira, organizada junto a Associação Cultural O Beco Da Língua.
XVII Primavera en Danza
Carballo
Auditorio do Pazo da Cultura
26.4-12.5.2019
21.00h
Arranca a Primavera en Danza, cun cartaz que combina diferentes propostas para todo tipo de público, con Fran Sieira e o seu Entresoños, baile e música tradicional galega desde a danza contemporánea.
Cantos de Taberna
Pontevedra
As Reixas e A Navarra
26.4.2019
21.00h
Cantos de Taberna está a crear escola e cada vez son máis os sitios nos que se organizan encontros para cantar, desta volta as citas con Trespés serán en As Reixas e A Navarra.
Trece cancións bonitas
Outeiro de Rei
Casa Museo Manuel María
27.4.2019
20.00h
Acompañados de instrumentos como o óboe, o corno inglés, a zanfona ou o órgano de barbaria, Benxamín Otero e Germán Díaz propoñen unha selección de cancións co sinxelo fío argumental de ser, aos seus ouvidos, bonitas. Desde Schubert, Satie, Galliano ou Clastrier, até os cancioneiros coma o de Inzenga ou o de Federico Olmeda, e melodías propias, estas trece cancións bonitas deixaranse escoitar en Outeiro de Rei, na Casa Museo Manuel María, o sábado 27 de abril a partir das 20h.
Mártires por unha Galiza liberada
Carral
Campo da feira
26.4.2019
12.00h
Durante este mes de abril conmemórase o 173 aniversario da Revolución de 1846. Con este motivo, esta sexta feira 26, Vía Galega, a Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza, convoca unha ofrenda floral ás 12 horas ao pé do monumento aos Mártires da liberdade, en Carral. Estaba previsto que se realizase un acto de maior dimensión o sábado 27, mais a Xunta Electoral Provincial denegou a súa realización alegando como motivo a coincidencia da data coa xornada de reflexión e “perante o risco de que na mobilización se produzan actos de campaña electoral que poidan incidir no exercicio do dereito de voto”. Vía Galega ve na decisión “un recorte en liberdades”.
Petiscos Musicais
Allariz
Fundación Vicente Risco
27.4.2019
21.00h
Segundo concerto do V Ciclo de Música de Cámara Petiscos Musicais, da man de José Manuel Yáñez (piano) e Clara Groba (violoncello).
A Coruña literaria
A Coruña
Centro Ágora
27.4.2019
12.00h
Paseo pola Coruña Literaria coa escritora Eli Ríos, coa novela DX ou a Elviña de 2030 mediante un roteiro no que se coñecerán os espazos físicos da novela.
XIX Festa do Cabalo en Santa Mariña do Monte
San Sadurniño
27.4.2019
10.00h
A Asociación de Cabaleiros de Santa Mariña organiza un grande evento ecuestre ao longo desta xornada, na que haberá probas de todo tipo, xantar popular e premios.