Homenaxe en Vigo ao doutor Antón Beiras

Antón Beiras
Oftalmólogo, humanista, investigador e pioneiro inventor de procedementos para o coidado dos males dos ollos, o doutor Antón Beiras deixou memoria da súa traxectoria, tamén nos propio sector da sanidade que o día 2 de marzo lle rende homenaxe en Vigo.

A Irmandade da Sanidade Galega máis o Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra renderanlle o día 2 de marzo homenaxe ao doutor Antón Beiras nun acto que terá lugar ás 12 hora coa colocación da placa conmemorativa na casa na que exerceu como médico na rúa Policarpo Sanz para se desenvolver posteriormente un acto no Centro Social Novacaixagaliza, na mesma rúa. Alén da súa faceta como médico e investigación, Antón Beiras mantivo un claro e militante compromiso antifranquista alén de defender durante toda a súa vida un ideario galeguista que se materializou, entre outras moitas actividades, na súa participación na Editorial Galaxia.

Antón Beiras foi compañeiro da profesora, pedagoga e fundadora do Colexio Rosalía de Castro de Vigo, Antía Cal deixou escrita a biografía da parella no libro Este camiño que fixemos xuntos (Galaxia).

Carme Pérez Vaquero preenta un acto no que tamén participan o presidente do colexio de Médicos de Pontevedra, Luís Campos, a médica Amaia Izaguirre, o profesor Xesús Alonso Montero, o historiador Ricardo Guarriarán, o politico e sobriño do homenaxeado Xosé Manuel Beiras mais o secretario de Política Lingüística, Valentín García.