CRÍTICA DE ROCK E OUTRAS LERIAS

Insolenzia en directo

Non hai nada máis significativo no comezo do ano que o tradicional concerto de aninovo. E para que non digan que os roqueiros non facemos caso ás tradicións, aquí temos para comezar o ano o novo disco en directo dos aragoneses Insolenzia, un combo que conseguiu facerse un oco no espazo musical partindo do punk máis básico até chegar ao seu estilo propio de rock que os levou a compartir escenario con grandes nomes no panorama musical estatal como Barricada, Siniestro Total, Ilegales ou Los Suaves.

16 anos despois da súa formación, chega o seu primeiro disco en directo oficial que, como todos os seus traballos, foi autoxestionado para conservar a súa independencia e que conta de novo coa produción de Iker Piedrafita (Miss Octubre, Dikers), que deixa patente a súa marca persoal e é quen de reflectir o son da banda e o calor que transmiten en directo. Cabe destacar o protagonismo das voces neste traballo, especialmente a de Isabel  que adquire maior proxección xunto a de un David Sancet  que deixa entrever nos duetos cales son as súas influencias vogais. 

O dobre CD está composto por 23 temas que practicamente recollen todo o esencial do traballo de Insolenzia  e que, como vén sendo xa tradicional nestes últimos anos, cando de gravar un directo se trata, contan cun bon numero de colaboradores. Desta vez a banda conta con Alfredo Piedrafita (Barricada – Miss Octubre), Daviz Rodríguez (Mala Reputación), Odón Serón (El Cuarto Verde), Fernando Madina (Reincidentes), Enrique Cabezón (En Blanco), Antonio Abengoza (Yeska), Diego “Chaco” (Los Pirris), Juankar Cabano (Boikot) e Iker Piedrafita (Dikers – Miss Octubre). Unhas colaboracións que, a diferenza das moitas que aparecen nos directos, non soan forzadas pola discográfica, o que en algunhas ocasións dá lugar a auténticas aberracións. Neste caso, vese como flúe a comunicación entre a banda e os convidados e iso é de agradecer.

Este traballo podémolo tamén atopar en edición de luxo que, xunto cos dous cd’s,  inclúe un DVD co concerto tal como aparece no CD, outra das cousas a agradecer, xa que tamén existe o mao costume de non editar os mesmo concertos en DVD que en CD. Tamén inclúe o documental “Eu nunca quixen ser normal”,  unha película sobre a traxectoria musical e literaria do colectivo,  no que contan coas entrevistas a máis de 100 personaxes entre os que se contran bandas como Marea, Reincidentes, Boikot, Barricada, Desakato, Tako, Mala Reputación, Joaquín Carbonell,  así como xornalistas, productores, etc. E como marca da casa, tamén inclúe un libro de 100 páxinas en que a literatura e fotografía son as protagonistas e en que diversos escritores e músicos poñen seus textos ao servizo de Insolenzia.

Sen dúbida, pagou a pena agardar por este completísimo novo traballo da banda, no que seguramente máis de un descubrirá unha das bandas completas do panorama actual. Xa non tedes excusas para non desfrutar dun verdadeiro bon concerto de aninovo.

INSOLENZIA NAS REDES

WEB: www.insolenzia.es

FACEBOOK: www.facebook.com/insolenzia.rock/

TWITTER: @insolenzia

LISTAXE DE TEMAS

1.    En mitad de la nada
2.    Sudor frío
3.    Esperaré
4.    Va a estallar (colabora: Alfredo Piedrafita, de Barricada)
5.    El calor de la revuelta
6.    A pleno pulmón (colabora: Daviz Rodríguez, de Mala Reputación)
7.    La boca del volcán
8.    Me voy a envenenar
9.    Caer de pie (colabora: Odón Serón, de El Cuarto Verde)
10.    Llueven deseos
11.    Deja de ser
12.    Desnudando el ayer (colabora: Fernando Madina, de Reincidentes)
13.    Barro consentido
14.    Rabia (colabora: Enrique Cabezón, de EnBlanco)
15.    De tanto mirarte
16.    Volver
17.    Besos de antifaz (colabora: Antonio Abengoza, de Yeska)
18.    Reptil gusano (versión libre de Manolo Kabezabolo)
19.    Una sola piel (colabora: Diego “Chaco”, de Los Pirris)
20.    El baile de la libertad
21.    Tus besos verdes
22.    La respuesta (colabora: Juankar Cabano, de Boikot)
23.    Y la sal (colabora: Iker Piedrafita, de Dikers)