Isabel Risco e Fran Rei abren a finde co seu espectáculo "Retrincos de Castelao"
- Sexta feira
Venres en Sansa!
San Sadurniño
Casa da Cultura
Os Venres en Sansa! son unha programación dirixida á mocidade coa que se oferta un calendario de lecer alternativo para as tardes-noites das sextas-feiras 9, 16 e 30 de xuño.
- Sábado
Retrincos de Castelao
Baleira
Centro sociocultural do Cádavo
20.00h
Isabel Risco e Fran Rei botan man do humor ácido e fan un percorrido pola obra de Castelao mostrando unha imaxe atemporal da sociedade galega.
Festival Musical Homenaxe a Fran Pérez Narf
Boiro
A Pousada das Ánimas
21.00h
O festival dedicado a Narf contará con varias actuacións e procurará ademais sufragar o levantamento dunha estatua coa figura do músico.
- Sexta feira e sábado
Festival Alternativo Millo Verde
Redondela
Praia de Cesantes
Coas actuacións de Kumpania Algazarra, Alice Francis, Sokram, Echo Town, Fanfarria Taquicardia, e máis actividades deportivas e teatrais que completan o programa.
- Toda a finde
SELIC
Santiago de Compostela
Praza da Quintana
Até 11 de xuño
A Semana do Libro de Compostela continúa cun programa que inclúe sinaturas e presentacións de libros, obradoiros e numerosas actividades para o público infantil.
Lugrís, paredes soñadas
A Coruña
AFundación
Até 3 de setembro de 2017
A exposición realiza un repaso polo traballo realizado por Urbano Lugrís (A Coruña, 1908- Vigo, 1973) como decorador de espazos e para reivindicar a figura deste autor dentro da historia da arte galega. A mostra recolle un total de 106 obras, moitas delas nunca exhibidas, tales como óleos, vidros decorativos ou debuxos de letras que o autor ten feito para revistas.