“Unha lingua de premio” pon en valor os galardóns que promoven o galego
A área de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra organiza a próxima cuarta feira unha festa literaria na que porá en valor os premios de literatura, xornalismo e investigación que promoven o uso do galego.
“Unha lingua de premio” é o lema co que o Servizo de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra convoca a festa literaria que terá lugar esta cuarta feira, 26 de setembro, coincidindo co Día Europeo das Linguas, ás 19.30 horas, no Salón de Plenos do Pazo provincial, para salientar o papel dos premios de literatura, de xornalismo e de investigación que tiveron historicamente na normalización do galego.
“Pontevedra vístese de festa porque temos moito que celebrar e festexar e creo que temos unha lingua de premio, mais que moitas veces nos esquece”. Así se pronunciaba na presentación da festa Ledicia Costas, encargada de conducir o evento, quen agregaba a importancia de contar con actos que recoñezan o labor creativo no campo da literatura.
A música correrá da man da banda Xardín Desordenado, que interpretará poemas musicados. Tamén actuarán as actrices Iria Pinheiro e Ailén Keidelman, que preparán unha peza teatral na que darán cabida as gañadoras e gañadores da edición 2017 dos premios que se convocan nos concellos pontevedreses. Ademais, estará presente o deseño coa ilustradora Paula Pereira, que realizará unha peza de cerámica cun deseño ad hoc para o evento.
O deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, explica que nesta festa literaria se darán cabida aos premios que emanan de convocatorias de concellos e que en moitos casos contan co apoio da Deputación a través das axudas a programas de dinamización do galego, creadas no presente mandato. Ademais neste aco recoñecerase simbolicamente a traxectoria do Festival da Poesía do Condado e de Manuel Bragado.
Relación de premios e concellos
Premio de Poesía Johan Carballeira. Concello de Bueu
Gañadora: María Reimóndez. Obra: Galicia en bus
Premio de Xornalismo Johán Carballeira. Concello de Bueu
Gañadoras Ex aqueo
María Obelleiro Hermida por O apartheid sanitario na Galiza, publicado en Sermos Galiza.
Montse Dopico pola reportaxe Galaxia vs Galaxia. A construción de hexemonía cultural.
Premio Matilde Bares de relatos de igualdade. Concello de Bueu
Deserto na convocatoria 2017
Premio de Teatro Romaría ViKinga. Concello de Catoira
Gañadora: Carla Villanustre. Obra: Eternidade
Premio de Relato Breve Nélida Piñón. Concello Cerdedo-Cotobade
Gañador: Daniel Asorey. Obra: Anatema (fallado en 2018)
Premio de investigación en Humanidades e Ciencias sociais
‘Olimpio Arca'. Concello de Cuntis
Gañador. Xosé Fuentes Alende. Obra: Os exvotos na relixiosidade popular galega.
Premio de novela Manuel García Barros. Concello da Estrada
Gañador: Marcos Calveiro. Obra: O xardineiro dos ingleses.
Premio de poesía Avelina Valladares. Concello da Estrada
Gañadora: Carmen Caramés. Obra: As idades perdidas.
Premio de Teatro MOME Varela Buxán. Concello da Estrada
Gañadora: Fernando Castro Paredes. Obra: Pallaso
Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela. A Estrada
Gañador: Armando Requeixo, polos artigos: "Rosalía voa alto", "Palabras para o Alén", "Lingua Zombi", "Cando iso non pode pasar aquí" e "De rosas e letras".
Premio de poesía Manuel Lueiro Rey. Concello de Fornelos de Montes
Gañador: Antón Lopo. Obra: Corpo
Premio xornalístico Manuel Lueiro Rey. Concello de Fornelos de Montes
Gañador: Xoán Carlos Domínguez Alberte, polo artigo O segredo mellor gardado.
Certame de Relato Curto FANPA de Pontevedra
Categoría Primaria: Nuria Costas Misa. Un gran cambio.
Categoría Secundaria: Olalla Castrillo Sánchez. Xiros de luz.
Categoría BAC: Paula Estévez Casales. Báratro.
Categoría adultos: Sergio Meis Casalderrey. Verbas esquecidas.
Certame ‘Balbino' de relato curto. Concello de Vila de Cruces
Gañador: Ricardo Cid. Obra: De que falarán as árbores.
Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo. Concello de Valga
Gañador: Rafael Quintía. Obra: Ritualista protectora, obxectos curativos e uso de amuletos na cultura popular galega
Gañadora: Natalia Sueiro Monje. Obra: A veiga máxica. Rescate da cosmovisión popular no municipio de Valga.
Premio Viadutos de Novela. Concello de Redondela
Gañadora: Ana R. Figueiredo. Obra: Os bicos Feridos (fallado en 2018)
Premio Lueiro Rey de Novela Curta. Concello do Grove
Gañador: Lionel Rexes. Obra: A raíña das velutinas.