Localizan en Rianxo un domen inédito

Foi atopada en Burés por un grupo de afeccionados, Na zona coñecíase como ‘A Cova dos Mouros’.

 

Un grupo de afeccionados da comarca do Barbanza localizaron un gran monumento megalítico na localidade de Burés (Rianxo), segundo informa Cultura Galega. Trátase dunha anta megalítica rodeada dunha estrutura tumular de aproximadamente catro metros de altura. A anta conserva unha boa parte dos esteos da cámara aínda en pé, aínda que lle falta a tapa superior, e estaba inédita.

Porén, era coñecida na veciñanza da contorna como a Cova dos Mouros e era un lugar habitual de xogo dos nenos hai décadas, afirma Cultura Galega. Xa se notificou á Xunta o seu achádego.

Imaxe: Rabuño, Coto de Burés e Juan Carlos Collazo