Lugo homenaxeou o legado de Asorei na cidade

Mostra "Os Vieiros de Asorey". (Foto: Vicepresidencia da Deputación de Lugo)

Lugo homenaxeou o escultor Francisco Asorei (Cambados, 1889-Compostela, 1961), a quen se dedicou este ano o Día das Artes Galegas, cunha extensa programación ao redor da obra en Lugo do artista, un dos escultores galegos máis representativos do século XX.

A xornada comezou con visitas guiadas a tres obras das obras de Asoreyen Lugo: o monumento ao alcalde Ángel López Pérez no parque de Rosalía, guiada polo historiador Adolfo de Vilela; O Cristo Redentor, no cemiterio municipal de San Froilán e ao Museo Provincial de Lugo, que conta coas obras San Francisco de Asís e A ofrenda a San Ramón.

Á tarde, a deputada de Cultura Iria Castro, acompañada polo presidente da Real Academia Galega Manuel Quintana e a concelleira de Cultura Maite Ferreiro, inauguraron a exposición “Os vieiros de Asorey”, organizada pola Real Academia das Belas Artes coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo para difundir a obra do escultor cambadés.

A mostra, con fotografías de Xurxo Lobato e textos de Felipe-Senén López Gómez, repasa a obra pública de Asorey, localizada en distintas localidades de Galiza: Lalín, Cambados, A Coruña, Compostela, Ourense, Lugo, Ferrol, Cangas do Morrazo, Pontevedra, Vigo, Mondariz e Samos.

A deputada de Cultura Iria Castro explicou que “acompañamos a inauguración desta exposición, que poderá verse até o 17 de outubro no Praza de San Marcos, dunha ampla programación para difundir a vida e obra de Francisco Asorey, colaborando coa Real Academia Galega de Belas Artes no propósito de consolidar a celebración do Día das Artes Galegas como efeméride para enxalzar a difundir a obra plástica galega” e “agradeceu o traballo da artistas e académica Mónica Alonso na coordinación da xornada”

A xornada completouse cun programa de conferencias no Salón de Actos da Pazo de San Marcos, con intervencións da historiadora da arte Maribel Iglesias Baldonedo, sobre a representación das mulleres na obra de Asorey, e a directora do Museo Provincial de Lugo Aurelia Balseiro, que afondou no seu legado en Lugo. A continuación, Álvaro de la Vega, Xosé Cid e Blanca Besteiro participaron nunha mesa redonda sobre a técnica do escultor.