Máis un novo traballo de Emilio José, 'Ilhas Virgens'. Breve e dúas veces bon

Emilio José.

Gravado en Quins, onde se non, o novo traballo do ourensán xa se pode gozar de balde na rede. 

Aínda con 'Agricultura livre' no padal, os amantes/odiantes de Emilio José xa teñen novo traballo para gozar. 'Ilhas virgens'. Gravado en Quins (Ourense), onde se non, entre marzo e xuño deste ano inclúe 2 temas “para voz, saxo, corda e registos de campo inspiradas na antisocial-democracia rural e com referências à Bíblia, aos Grundrisse ou à Historia de Ribadavia y sus alrededores de Samuel Eiján”. No bandcamp tamén cita referencias a 'Castelao, UPG e outras memorias', de Luis Soto. Perigo.

Após aquel 'Chorando apréndese' (2009) co que debutou, disco duplo de tripla salto mortal; Emilio José editou o ano pasado 'Agricultura livre', disco triplo e máis de 50 cancións nas que amasaba unha zaragallada musical na que convivían desde jazz até melodías desafianadas, tropicalismo, pop, funk, bossanova e moito máis. Agora, unha nova pilula, 'Ilhas virgens', con dous temas (Felicidade e Mae). Un consello: non se perdan as letras.