Marta Dacosta gaña o Johan Carballeira con "dun lago escuro"

A poeta Marta Dacosta resultou gañadora do premio Johan Carballeira de poesía, do concello de Bueu, coa súa obra "dun lago escuro".

Un xurado composto por Daniel Costas, Berta Dávila e Armando Requeixo seleccionou como gañador do premio Johán Carballeira de poesía do Concello de Bueu a obra "dun lago escuro" de Marta Dacosta. O xurado destaca do poemario de Dacosta "o elaborado xogo simbólico do poemario, alicerzado nunha aarquitectura esférica onde o lacunar de ameaza escura recolle un discurso fondamente parabólicos". Sinalan tamén as "evidentes tinturas de crítica socialque van de mans dadas coas luzadas de afirmación xenérica e as reflexións a propósito de trabes temáticas como a incerteza, a caída, a soidade, o silencio, a anonimia ou a rutina esgazadora."

Acuática alma (Espiral Maior, 2011) é a obra máis recente desta autora que comezou a súa conta de libros en 1993 con Crear o mar en Compostela, Premio de poesía O grelo. Con Pel de ameixa (1996) gañou o González Garcés e con Setembro (1998) o Martín Códax de Poesía. En atalaia alerta e As amantes de Hamlet son outros dos seus títulos poéticos.