- Sexta feira
Nao + Ezetaerre
Santiago de Compostela
Sala Capitol
20.45h
A banda da Estrada Nao, no concerto fin de xira do seu último EP, Soñar-Crear, xunto con Ezetaerre, unha das grandes revelacións da música galega.
- Sábado
Xabier Diaz & Adufeiras de Salitre
Ourense
Auditorio Munincipal
20.00h
Concerto coa xira do seu último traballo Tambourine Man, cheo de pandeiretas, adufes, cancións e ritmos tradicionais para gozar e danzar.
Ubú Rei
Narón
Pazo da Cultura
20.00h
Ubú Rei é unha peza de Alfred Jarry, agora a cargo de Talía Teatro. Unha historia chea de situacións paradoxais cómicas, mais que arrastran unha visión crítica.
- Domingo
Mercedes Peón + Milladoiro
Arzúa
Campo da feira de Arzúa
18.00h
Mercedes Peón e Milladoiro, vangarda e tradición, serán os encargados de poñer o encerramento de ouro á 42ª edición da Festa do Queixo.
Ghazafelhos
Ourense
Auditorio Municipal
12.00h
A peza infantil Iriña Bailarina móstranos unha reflexión sobre a igualdade de xénero, o cambio de roles ou os estereotipos sociais.
- Toda a finde
1º Festival Pequequeixo
Arzúa
Praza de Galiza
As crianzas gozarán do seu propio espazo coas actuacións de A Gramola Gominola o sábado e Paco Nogueiras, brinca vai! para o domingo.
Elas
Santiago de Compostela
Centro Abanca Obra Social
Até o 31 de marzo
A exposición acompaña ao libro Elas, da catedrática Aurora Marco. A mostra achéganos cadros orixinais das pintoras Chelo Rodríguez, Ehlaba Carballo, Irene Silva Xiráldez, María Manuela, María Xesús Díaz, Novais, Sabela Arias Castro e Vanessa Lodeiro, nos que as artistas plasman a súa visión das mulleres máis sobranceiras da historia da Galiza.
Hoxe toca o Prado
Vigo
Pinacoteca Francisco Fernández del Riego
Até o 14 de maio
A exposición consta dunha selección de imaxes en relevo, obras de distintos xéneros e estilos artísticos para tocar coas mans, da colección do Prado. Así, as persoas cegas ou con resto de visión poden gozar da beleza das obras. Ademais, o percorrido conta con máis material, como gafas opacas de cartón para facilitar esta experiencia sensorial a todo tipo de público.