Esta sexta feira en Compostela

Mercedes Peón participa nun debate sobre a muller na cultura

A cantante Mercedes Peón. Foto: Wikipedia.

Entre a morea de actos previos ao Día Internacional da Muller Traballadora atópase o debate que, esta sexta feira ás 19.30 horas na Casa das Mulleres Xohana Torres de Compostela tratará sobre a problemática específica da muller na cultura.
 

Na discusión, moderada pola concelleira de Acción Cultural da capital, Branca Novoneyra, participarán a compositora e cantante Mercedes Peón, a artista Luz Darriba, a dramaturga e directora Marta Pérez e Irene Moreira, directora da Sala Ingrávida.

 

As mulleres no eido cultural fai parte do ciclo de debates feministas que, ao longo deste mês e de abril, abordarán -na Casa das Mulleres Xohana Torres, impulsada polo concello como “espazo de empoderamento e transformación social” feminista- “cuestións fundamentais relacionadas coas desigualdades de xénero, reivindicacións e mobilizacións feministas do pasado e do presente e achegas literarias chave para o feminismo e a cultura galega”.