Miguel Rodríguez gaña o premio de poesía A Fundación con 'Penácaros'

Miguel Rodríguez. (Foto: Por Terra de Borín - Trabayu propiu, CC BY-SA 4.0)
O libro publicarase na colección 'Arte de Trobar'.

O escritor Miguel Rodríguez coa obra Penácaros fíxose na tarde de onte co XXII Premio de Poesía Afundación, promovido por esta institución, pola Xuntada Galiza e o Centro PEN Galiza.

O galardón implica a publicación do libro na colección Arte de trobar e unha dotación económica de 6.000 euros.

Miguel Rodríguez Monteavaro (Asturias, 1990) é un filólogo, escritor e músico asturiano, profesor da Universidade de Oviedo e conta con multitude de galardóns como o Asturias Joven de Poesía pola súa obra Superpoderes.

É integrante de formacións como Caldo y Os Rabizos, Mezá ou Urso Dakoff, entre outras.

O Premio Poesía Afundación comezou o seu percorrido en 2002. Neste tempo resultaron gañadores os poetas Xavier Seoane, María do Cebreiro, Román Raña, Arcadio López Casanova, Marilar Aleixandre, Carlos Penelas, Luís Valle, Emma Pedreira, Rodríguez Baixeras, Daniel Costas, Yolanda Castaño, Elías Portela, Fernán Vello, Olalla Cociña, Estíbaliz Espinosa, Gonzalo Hermo, Miguel Sande, Oriana Méndez, Medos Romero, Ledicia Costas e Rafa Vilar.