O mundo das cancións pequenas
Dun tempo a esta parte, os libro discos dirixidos á infancia inzan andeis de bibliotecas e librarías. Rechamantes, coloridos, son o elemento máis vistoso e tanxíbel dunha explosión, a da música para crianzas, que ocupa listas de vendas e a non poucos intérpretes de prestixio. Eis un extracto da reportaxe publicada no Sermos Galiza 288.
Acústicos e armados con ilustres colaboradores -Sérgio Tannus, Uxía, Quim Farinha, Xiana Lastra ou Anxo Pintos-, procuran achegar as artes da melodía ás nenas e nenos. “Eu daba clase de música e movemento”, lembra, “e, ao traballar cos pequenos, notaba a súa fascinación polos instrumentos musicais”. A necesidade de “estimular a súa concentración auditiva” levouna a compoñer cancións específicas e de aí, ao proxecto Pitusa Semifusa. Que, no seu segundo volume, aparecido o pasado ano, explora as músicas populares urbanas. O reggae, o rock, o blues, o funk explicados aos máis pequenos.
[Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 288, á venda na loxa e nos quiosques]