QUE FACER?
Música a esgalla, co Resurrection Fest como prato forte
08 de xullo de 2016 (14:28 h.)
Música e teatro como oferta. No menú, o que pasa por ser o maior festival heavy de Europa, con Viveiro como epicentro.
Sábado
Viveiro. Resurrection Fest. Lavandeiras. 23 bandas a bourar, capitaneadas polos míticos Iron Maiden.
Calo Teo. Música na Noite cos Refuxiados. Un cartaz con Malandrómeda, Zurrumalla, Barbitúricos, Airiños do Maycar, O sonoro maxín.
Carballo. Festifolk Costa da Morte. Apartir das 21 horas. Con Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, Pepe Vaamonde Grupo, os gaiteiros da Costa da Morte...
Lourenzá. Casa da Cultura. 20 h. Memorias dun neno labrego. Espectáculo teatral de Cándido Pazó.