QUE FACER?

Música e poesía, unha oferta imposíbel de rexeitar

Continúan os festivais na primeira fin de semana de setembro, entre eles a XXX edición do de poesía de Salvaterra de Miño.

Sexta feira. 

San Xurxo de Vea (A Estrada). VI edición do Festival Folk. Tocarán Nosoutros, Os Regatos, Os Melidaos e Ce Orquesta Pantasma.

Sexta feira e sábado.

Salvaterra de Miño. XXX edición do Festival de Poesía. Desta volta irá dedicado ao centenario das Irmandades da Fala. Comezará coa apertura de tres exposicións: paneis das Irmandades da Fala; Debuxos de Negros, de Castelao, e a mostra de fotografías Infinito, de Daniel Pérez. 

Na sexta feira terá lugar a Noite nas Minas, cun recital de Rochi Nóvoa e a actuación de Sofía Espiñeira. Ao remate, actuacións de O Puto Coro do Exército Froilanista e de Ronco&Foll, ben como a sesión DJ de Espalda Kemada. O sábado será a quenda da artesanía, a música polas rúas e a Liga Nacional de Billarda organizará o Aberto da Poesía. Na sesión vermú Raquel Castro apresentará o libro As terapias da doutora Ledicia e Kneves amosará o espectáculo Servizo discrecional. Continuarán Antia Otero&Isaac Garabatos apresentando Varia, nas Covas de Dona Urraca, e para rematar contarán cun recital de poesía. Pola noite, actuacións de Zurrumalla, Sokram e Familia Caamagno, para finalizar coa sesión DJ de Selecta Alice.

Tomiño. Festival Minho Reggae. Toda a información, aquí.

Sábado

Monforte de Leos. V Festival do Paradiso. Parque dos Condes. Comezará ás 20 horas cunha pancetada popular acompañada dunha foliada. A continuación, dará paso aos concertos de diferentes grupos de música, coas actuacións de Violet Magic Cloud, Miguel Costas, Poetarras, Moon Cresta, Rebeliom do Inframundo, Los Árboles, Cadela Asasina, DJ Darius Weis.

Ribadavia. Arteficial. Festival alternativo e diúrno. Decorrerá no conxunto histórico da vila. Comezará ás 12 horas e durará até as 23 horas, e constará de dous escenarios diferenciados, nos cales actuarán un total de 9 bandas musicais, ben como unha zona de mercado alternativo con fanzines, cómcis, roupa e gastronomía do país. Na música estarán Surma, Emilio José, Sequin, Rick&Vera, Thee Blind Crows, Bala, Guerrera, Igmig e Fogbound. Como novidade este ano haberá un terceiro palco, onde tocarán Pálida e Mounqup, ben como un post festival en diferentes locais da zona.