Este Nadal toca improvisar
Volta a Mostra de Teatro Infantil de Ourense, con actividades escénicas como o clown, maxia, danza, concertos e até un obradoiro de creación de xoguetes e títeres... E como prato forte, Magín Blanco, EME2, Caramuxo, Ghazafellos, Títeres Alakrán e Entremáns
Sexta Feira 23 decembro
O poder de Amabel
Betanzos
Aula municipal de Cultura
18:00
Espectáculo infantil de monicreques, narra a historia de Amabel, unha nena que inda non descubriu cal é a súa habilidade extraordinaria.
Lydia Botana
Gondomar
Auditorio Lois Tobío
20.00h
De aquí para alá, unha proposta didáctica musical e teatral destinada ao público infantil, para aprender escoitando, bailando e cantando.
Campamento ‘Campus Sar’
Santiago de Compostela
Multiusos Fontes do Sar
Até 05.01.2016
Campamento de Nadal para crianzas de 4 a12 anos, con actividades de ocio e aprendizaxe, como tenis, natación, inglés ou talleres creativos.
Sábado 24 decembro
Mar interior. Miguelanxo Prado
Pontevedra
Museo de Pontevedra
Até 29.01.17
Un percorrido polos 36 anos de traxectoria do debuxante coruñés, composto por máis de 100 obras que nos achegan ás diferentes facetas profesionais do artista: historietista, paisaxista, ilustrador de libros e autor de traballos de animación. E complementada con textos do autor e diversas vitrinas con bosquexos, libros, merchandising e demais curiosidades.
Exposición
Santiago de Compostela
Mupega
Até 26/02/2017
'O mundo nas mans. Cartografía escolar dos séculos XIX e XX' é unha mostra onde se recollen os materiais didácticos e escolares relacionados coa cartografía e a xeografía escolar. Os mapas, esferas, planetarios ou a primeira Carta Xeométrica de Galiza de Domingo Fontán fan parte dos materiais que se inclúen nesta exposición sobre o ensino en Galiza.
Domingo 25 decembro
XIX Certame Internacional de Improvisación oral en verso
Vigo
C.VC. de Valadares
18.30h
O Centro Veciñal e Cultural de Valadares e a Asociación ORAL de Galiza organizan o XIX Certame Internacional de Improvisación Oral en Verso. Contarán coa actuación dos regueifeiros Suso e Antonio de Xornes (Galiza), o ravelista Miguel Cadavieco (Cantabria) e cos cantores ao desafío Augusto Canario e acompañante (Portugal). Presentan e improvisan o espectáculo Kike Estévez e Alba María. Ademais, haberá un Obradoiro Regueifeiro, das 17.00h ás 18.00h e terá lugar tamén a presentación da obra ‘Repente galego’, unha monografía sobre a improvisación oral galega, autoría de Ramon Pinheiro Almuinha.
Segunda Feira 26 decembro
Mostra de Teatro Infantil de Ourense
Ourense
Auditorio, Teatro Principal e Campus
26-30.12.2016
A Mostra de Teatro Infantil de Ourense celebra este ano a súa 13ª edición e reúne a 16 compañías teatrais e ofrecerá un total de 18 representacións. No programa inclúese, ademais de obras de teatro, actividades escénicas como o clown, maxia, danza, concertos e até un obradoiro de creación de xoguetes e títeres. Contarán coa participación galega de Magín Blanco, EME2, Caramuxo, Ghazafellos, Títeres Alakrán e Entremáns e con compañías internacionais chegadas de Arxentina e Portugal, xunto con Asturias, Catalunya, Euskadi e Madrid.
Xangai
A Coruña
Sala Mardigras
21.00h
Contarán coas actuacións de Tres Trebóns con Jarbanzos e Ulträqäns. Unha homenaxe ao tren que durante anos viaxou de Galiza a Barcelona.
Educateatro Producións
Ames
Casa da Cultura do Milladoiro
17.00h
Carapuchiña Vermella é un musical, adaptación do clásico, da historia e das personaxes, acompañado con música en directo para as crianzas.
Panxoliñas na Biblioteca
Carballo
Biblioteca Rego da Balsa
18.00h
A Biblioteca Rego da Balsa acolle unha tarde de panxoliñas para todos os públicos, cita de balde, acompañados de Geriatros Carballo, que tamén animarán o ambiente.
Terza Feira 27 decembro
Aldaolado
Ourense
Cafe Cultural Auriense
21.30h
Pendanga e Oso, espectáculo poético e musical sobre o peor e o mellor das aventuras ou desventuras amorosas de cada un e de cada unha.