O Novo Cinema Galego apréndese en Carballo

Xacio Baño

Boa parte dos principais nomes do Novo Cinema Galego impartirán catorce obradoiros no ciclo de formación audiovisual do festival Carballo Interplay. 

 

O Novo Cinema Galego dáse cita en Carballo no programa de formación do Festival Carballo Interplay. Catorce obradoiros e proxección dos traballos d@s docentes converterán Carballo no centro de formación arredor de recoñecidos profesionais do novo audiovisual galego nun programa que bota a andar en novembro e continuará até abril do vindeiro ano. 

Jorge Coira, Marcos Nine, Xacio Baño, Alberto Díaz “Bertitxi” ou Beli Martínez son algunhas das persoas que impartirán cursos en Carballo nas diferentes disciplinas do audiovisual da que son especialistas, desde aspectos técnicos como manexo de cámaras, edición ou posprodución ou contidos. 

Os obradoiros están abertos ao alumnado xeral, con ou sen experiencia. Quen queira participar pode inscribirse na páxina do CIP. O custe de cada obradoiro é de 20 euros. En cada obradoiro desenvolveranse prácticas por grupo e os traballos resultantes estrearanse na programación da II edición do Festival Carballo Interplay.

Obradoiros en novembro-decembro

-Meditacións ao redor do “Eu”. O cinema en primeira persoa 
Impartido por Eloy Domínguez Serén
-Operador de cámara HD 
Impartido por Victor Rodríguez e Oscar Chamorro
-Introdución ao son
Impartido por Xoán Escudero
-Iniciación á edición Profesional con Adobe Premier Pro
Impartido por Dani Viqueira


Proximamente

-Taller de Ficción Televisiva
Impartido por Enrique Lojo e Fran Carvajal
-A Arte da Cinematografía
Impartido por Alberto Díaz “Bertitxi”
-O xogo co actor 
Impartido por Jorge Coira
-Iniciación ao After Effects
Impartido por Manuel Viqueira
-Obradoiro de Créditos
Impartido por Isa Vila
-Iniciación á curtametraxe de Ficción
Impartido por Xacio Baño
-Introdución á realización de videoclips musicais
Impartido por Javi Camino
-Vídeo experimental, novos medios e formatos
Impartido por Juan Lesta e Belén Montero (DSK)
-Obradoiro sobre a remontaxe “Carballo Termomix”
Impartido por Marcos Nine
-A construción dun arquivo audiovisual local 
Impartido por Beli Martínez