No Día do Libro, o libro do ano revisitado
É o libro do ano. Fanse 150 anos da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro e actos oficiais e populares conmemoran a obra inaugural da nosa literatura. No Día do Libro achegámonos á “revisita” que fai del o artista e deseñador Pepe Barro.
O deseñador e creador Pepe Barro está metido neste ano de pleno no mundo rosalián. Da súa autoría é o cartaz da conmemoración do 150 aniversario da publicación da obra no que reza que “marca o comezo da Galicia contemporánea” e nas súas mans está tamén o proxecto museolóxico
da Matanza, sede da Fundación Rosalía en Padrón e a exposición que se abre en Vigo, cidade de publicación da obra, para conmemorar o aniversario.
Sen embargo, é a edición ilustrada de Cantares Gallegos publicada por El Patito Editorial a que transmite unha pegada máis persoal e íntima. Un traballo creativo que revisita a obra de Rosalía e no que, segundo sinalou, ofrece unha segunda voz -di que con ela é "sobervia" dicir que se canta a dúo- aos textos da autora que se converteu en primeira figura da nosa historia literaria. Coa idea de “proxectar futuro” , Pepe Barro achéganos ao que define como “pequenos cartaces” a través de montaxes e imaxes que recrean o espíritu da poeta. “O que me fixo reaxer foi entender Cantares gallegos coma o libro que anuncia e ao tempo crea a Galicia contemporánea, o país que somos. Aí atopei a que agarrarme, con vontade de empregar unha linguax
e contemporánea no concepto e tamén na forma” comentou Barro a respecto da certa vertixe cando Genma Sesar
Na memoria do agro
nova imaxe de Rosalía.
No video recóllese o proceso creativo de Pepe Barro á hora de elaborar a súa visión creativa de Cantares Gallegos.
O 15 de maio inaugurarase en Vigo a exposición “No principio foi o verso. Rosalía de Castro” comisariada por Pepe Barro, que se artella en oito espazos temáticos, desde os inicios en Vigo, cidade na que foi publicado o libro, até o último titulardo “Muller bandeira” que recolerá fitos, documentos e obxectos da recepción da figura de Rosalía de Castro.