O VenRespira Festival e a mostra de cinema Olladas de Mulleres abren a finde
Esta fin de semana vén cunha gorentosa oferta para o teu lecer. Haivos de todo!
- Sexta feira
VenRespirar Festival
Ourense
Campus Universitario de Ourense
20.00 h
O festival Itinerante abre esta nova edición cun obradoiro de Danças Portuguesas, concerto de Parapente700 e posterior foliada, previa inscrición.
- Sexta feira e sábado
Olladas de Muller
A Coruña
CGAI
Con motivo do 8 de marzo, debrúzase unha nova edición deste xa imprescindíbel ciclo de cinema en que se proxectarán distintos pases, todos de carácter gratuíto.
- Sábado
Budiño en concerto
Lugo
Capela de Santa María
20.30h
Concerto que se enmarca na da programación do MusicAD, baixo organización do Centro de Artesanía da área de cultura da Deputación de Lugo.
Debuxo e Pensamento
Santiago de Compostela
Libraría Numax
11.30h
Encontro e palestra co debuxante e animador galego Alberto Vázquez, dentro do ciclo ‘A cor das palabras. Encontros con cineastas’.
- Domingo
III Festival solidario da Semente Trasancos
Narón
Auditorio Municipal
17.30h
Artistas da comarca conmemorarán o centenario da Irmandade da Fala de Ferrol. O Fenés Roger de Flor, cantautor, o grupo infantil Quinindiol, e a narradora de Mugardos Vero Rilo conducirán un festival en que se amalgama, unha vez máis, música con outras actividades. Os beneficios recadados utilizaranse para financiar un espazo de ensino galego na comarca.
Voaxa e Carmín
Ponteareas
Auditorio Municipal Reveriano Soutullo
20.00h
Espectáculo teatral da compañía ButacaZero, onde Mabel Rivera e Belén Constenla dan vida e voz ás famosas Marías de Santiago de Compostela.
- Toda a finde
Salón do Libro
Pontevedra
Pazo da Cultura
Até o 2 de abril.
O Salón do Libro chega novamente cargado de contacontos, obradoiros, teatro, cinema, música, danza, presentacións literarias, sinaturas de libros e moito máis. ‘O mundo que queremos’, eis o lema da actual edición da feira de literatura infantil e xuvenil, en que se englobarán temas como o coidado do medio ambiente, a saúde, a integración e a igualdade.
ALT 2017
Vigo
Diferentes espazos da cidade
16.00h-23.15h
O festival de artes escénicas alternativas contemporáneas achéganos a súa derradeira edición, coa presenza de compañías como Matarile Teatro.
A muller a través da arte
Carballo
Casa da Cultura
Até o 31 de marzo
Trátase dunha exposición colectiva protagonizada por Alejandra Martínez, Laura Tova, Lara Pintos e Julia Aguiar, coa cal fican inauguradas as Xornadas Guerrilleiras.