As 50 estampas orixinais de 'Nós' veranse no Museo de Pontevedra

Estampa do álbum 'Nós' de Castelao.

Os 50 debuxos orixinais do álbum Nós, realizados por Castelao entre 1916 e 1918 e publicados en libro en 1931, veranse no Museo de Pontevedra, institución á que foron cedidos por un período de cinco anos. Ate agora só en parte se atopaban a disposición do público. Unha reforma das salas 1 e 2 do Sexto Edificio do museo permitirao.
 

A sala 2 contén os albums de guerra, os debuxos de negros, as cruces de pedra na Galiza e na Bretaña, óleos e acuarelas de pequeno formato e as máscaras e documentación orixinal de Os vellos non deben de namorarse. “A nosa obriga é ofrecer ao público á posibilidade de poder visitar e ver de preto esta obra que tanto tempo permaneceu fóra dos circuítos museísticos”, expón o responsábel de cultura da Deputación de Pontevedra, Xosé Leal.

 

A última vez que as ilustracións orixinais de Nós se viron en público foi en 1924. Pouco despois pederdéuselles a pista. En marzo de 2016, un equipo do Museo de Pontevedra localizounas nunha colección particular.