Palas de Rei acolle sexta feira e sábado o Festival Agrocuir
MAÑÓN este sábado (comezou a quinta feira). O BARQUEIRO
MEMORIA DUN TEMPO
Xornadas organizadas pola asociación Nordés e dedicadas ao papel da muller desde a perspectiva da memoria histórica no franquismo.
PONTEVEDRA esta sexta feira (comezou a quinta).
PONTE COQUETA
Obradoiros de baile dos anos 20 e de cinema para crianzas, na sala Karma e na Praza da Verdura, respectivamente.
PALAS DE REI esta sexta feira e sábado GRANXA MARUXA
FESTIVAL AGROCUIR
O antes coñecido como Festival Agrogay volve á Ulloa cun programa destacado: Mercedes Peón, Radio Cos, Tanxugueiras, Silvia Penide e o asturiano Rodrigo Cuevas.
A CORUÑA esta finde
ROMARÍA SANTA MARGARIDA
Obradoiros, foliadas e concertos nesta romaría dedicada á música tradicional. Con Luar na Lubre, Riobó, Banda das Crechas e Radio Cos, entre outros.
NIGRÁN esta finde
VIVE NIGRÁN
Autodenominado "picnic pop festival", xorde un novo evento que este ano leva bandas como Os Amigos dos Músicos, Tachenko ou Espiño.
SAN SADURNIÑO este domingo
SONS NA CORTIÑA
Festa para a toda a familia con xogos e obradoiros para os máis pequenos e bandas como Os Modernos, De Vacas, The Kids Band e Natural Green.