Paulo Pascual presenta en Compostela Modulador de Ondas, o seu novo proxecto musical e visual

A proposta está articulada por medio de proxeccións, theremin e guitarra eléctrica da man do ex-membro de Camarada Nimoy. 

 

Esta semana, da terza-feira á quinta-feira Modulador de Ondas presenta en Compostela o seu novo proxecto musical e visual ’. Esta terza, ás 22:00h, na Reixa Bar terá lugar a inauguración do proxecto, onde un só músico levará ao directo un repertorio de temas propios a través de dous instrumentos: theremin e guitarra. Esta combinación musical poténciase co uso de loop stations, que lle posibilitan facer música a base de capas de son. A proposta compleméntase con imaxes proxectadas.

Obradoiro de theremin

Na cuarta-feira, das 19:00h ás 11:00h, está programado un obradoiro de theremin no Ateneo. O theremin é in instrumento electrónico soviético de principios do século XX. Na Galiza só MdO e catro persoas máis na península son intérpretes deste peculiar instrumento. A miúdo utilízase como xoguete xerador de ruidismos aleatorios en bandas de rock. É importante que o thereminista faga, ademais de tocalo, un traballo de divulgación das moitas posibilidades que ofrece o aparello a todas as persoas interesadas nel.

Cinema musicado ao vivo

A proxección do filme ‘The Birds’, de Hitchcock,  será esta quinta feira ás 20:30h no Ateneo. A visión estará acompaña de música en  directo composta por Modulador de Ondas para a película. MdO compón bandas sonoras para filmes e interprétaas á vez que estas son proxectadas, ben sexa ao aire libre, nun cinema ou en calquera espazo. Polo de agora traballou deste xeito en dous filmes: ‘Miss Ledyia’, o primeiro filme de ficción galego que se coñece rodado en 1916, e na clásica peza ‘The Birds’, de Hitchcock.