Cinco persoas son investigadas pola morte do actor Matthew Perry, Chandler Bing en 'Friends'

Matthew Perry interpretando Chandler Bing en 'Friends'. (Foto: NBC)
Entre as persoas investigadas está Brooke Mueller, ex esposa de Charlie Sheen.

Segundo reporta o medio americano TMZ, as autoridades de California detiveron unha persoa e investigan outras catro por estar relacionadas coa morte do actor, Matthew Perry, quen lle deu vida ao icónico Chandler Bing na serie estadounidense Friends.

Fontes da Policía de California informaron a este xornal, así como a AP, que varios niveis de Goberno dos Estados Unidos, así como axencias como a DEA (axencia especializada en drogas), ordenaron o arresto de varias persoas, unha delas un medico.

Crese que as persoas investigadas facilitarían a Matthew Perry o acceso á droga controlada, ketamina, a cal o deixou inconsciente e provocoulle a morte en outubro do 2023.

De acordo co The New York Times, que cita as autoridades norte-americanas, o asistente persoal de Matthew Perry, dous médicos e dúas outras persoas foron acusados de fornecer a ketamina que causou a morte de Perry.

A ex muller de Charlie Sheen

Entre as persoas investigadas está Brooke Mueller, ex esposa de Charlie Sheen, quen estivo perto do actor cando este asistiu a un centro de tratamento para controlar a súa depresión, ansiedade, trastorno de tensión postraumática e problemas de adicción.

No momento da autopsia de Perry revelouse que o actor usou ketamina suficiente para facer unha cirurxía, é dicir, unha cantidade moi perigosa para a saúde. Así mesmo, o medicamento non era clínico, senón de circulación ilegal.