Play-Doc Tui, cinema galego e internacional toda a finde
Sempre hai cousas que facer na finde. A que vén ese ollar escéptico? Bótalle un ollo a isto se tal.
- Sexta feira
Concerto homenaxe a Ricardo Portela
Pontevedra
Teatro Principal
21.00h
Corcerto homenaxe ao gaiteiro Ricardo Portela polo 25 aniversario do seu pasamento, a cargo de Óscar Ibáñez e coa gala conducida por Ramón Pinheiro.
Soño dunha noite de verán
Carballo
Auditorio do Pazo da Cultura
21.00h
A última montaxe da compañía Voadora, a comedia máis popular de Shakespeare, chega aos Venres Culturais mexéndose entre o clásico e o contemporáneo.
Caxade
24.03.2017
Allariz
Vinoteca A Micalla
Caxade será o encargado de poñer o peche de ouro na Verbena de clausura e de Benvida: ‘De cando nos atopamos...’, da XIII edición Xornadas de Igualdade.
Presentación do libro ‘Máis aló do azul e do rosa’
San Sadurniño
Casa da Xuventude
18.00h
Ana Torres Jack, a súa autora, estará falando da prevención dos comportamentos machistas no entorno da familia e ofrecendo estratexias para previlos.
- Sábado.
Cidade Verde
Santiago de Compostela
Cidade da Cultura
11.00h
Para achegarse á natureza coas crianzas dunha forma lúdica, con música, deporte e obradoiros ao aire libre cos que darlle a benvida á primavera, previa inscrición.
Contos na lingua de signos
A Coruña
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
12.00h
Contacontos e historias divertidas para crianzas xordas interpretados tamén para nenas e nenos oíntes, de máis de tres anos.
Danza da choiva
As Pontes de García Rodríguez
Auditorio Municipal Cine Alovi
18.00h
E se deixase de chover, que acontecería? Divertido espectáculo familiar de danza, música, poesía e monicreques, a cargo da compañía Elefante Elegante.
- Toda a finde
Play-Doc Tui
Tui
Teatro Municipal
Continúa o Festival Internacional de Documentais, unha aposta polo cinema galego e internacional máis actual. Dentro dos encontros programados para esta fin de semana destacamos a Masterclass a cargo de Dominic Gagnon, o sábado ás 11.00h; e o domingo, a partir das 16.30h, máis cinema galego coa proxección de Vai chover, La fuga de los 45 e Aysha.