Poesía, música e pensamento para rechar mordazas nun novo Festival do Condado

‘Que nom te silenciem’ é o lema escollido para a 32ª edición do evento, que decorre este sábado en Salvaterra.

Concertos, poesía, exposicións, audiovisuais, palestras, artesanía e desporto encherán Salvaterra de Miño hoxe sábado, 1 de setembro, nun Festival da Poesía do Condado que concentrará todo o seu programa nunha soa xornada.

 

“Embora este ano reducimos a un só dia o festival, compensarémolo cunha ampla e variada programación que, como sempre, terá a música e a poesía como o seu eixo central”, indicaban hai uns días desde a organización do festival, que este ano escolleu ‘Que nom te silenciem’ como lema.

 

O Festival da Poesía do Condado, cunha longa traxectoria ás costas, volve reafirmar a súa consciencia política a través da reivindicación na que centra cada edición. “É un festival que leva 32 edicións, e as xeracións anteriores xa usaban estes lemas para que os poetas creasen poesía en torno a estes temas”, explicaba Xocas Lorenzo, membro da SDC Condado -entidade organizadora-.


Programa:

Exposicións (dende as 9 da mañá, nas Covas de Dona Urraca)

Maite Davila: pintura

Gisela Cames: collage e poesía

Xiana Quintas: fotografía

 

Poesía:

Berta Dávila, Antón Blanco, Elvira Ribeiro, Nolim Rodrigues, Claudia Pato, Verónica Martínez Delgado, Manuel Darriba, Anmdrea Nunes e María Rosendo.

 

Recitais poético-musicais

Three Thin Things, con 'Instances'

vietcong

Nacho O´Jarbanzo, Tanja Haupt e Manuel Rivas con 'Cen mil estorniños'

 

Palestra: dereitos e liberdades

Antom Santos (expreso independentista), Fernando Branco (Esculca), David Fernández (CUP) e Ses (cantautora)

 

Teatro

.Grupo de teatro infantil 'Ata sempre' coa obra 'Xogando ao xadrez'

Limiar Teatro coa adaptación da obra 'Anagnorise'

 

Concertos

Sondarúa, Donicelas, Habelas Hainas, Rebeliom do Inframundo, Banda Xangai e Sacha na Horta.

 

Ademáis: mesa redonda sobre a situación política actual no Estado español, campionato de billarda, futbol gaélico …

 

'Sermos O Diario Galego' estará presente nesta edición cun posto onde dará a coñecer o proxecto.