Comeza o Festival de Ortigueira nunha finde chea de música no país
Sexta feira
Salceda de Salas, O Matadoiro
Vaia Cristo: o mellor soul dos barbanzáns The Lákazans e Os Vacalouras.
Sexta feira e sábado
Caldas de Rei
Portamérica: un dos maiores festivais galegos do verán, con Iván Ferreiro, Xoel López, Novedades Carminha, Asian Dub Foundation e Leiva, entre outros.
Sexta feira e fin de semana
Ortigueira
Festival de Ortigueira: música celta de todo o arco atlántico. Entre os grupos galegos atópanse: Treixadura, Banda Crebinsky e A Roda.
Santiago de Compostela
Até o 18 de xullo
Terra da fraternidade: festival que forma parte da programación das Festas do Apóstolo e que reivindica Compostela como terra de acollida de persoas e culturas a través da música. Do 14 ao 18 de xullo na Praza da Quintana.
Sábado
Esteiro
Xornada musical para acompañar as carrilanas. No cartel atopamos a Ses, Dakidarría, Pablo Balseiro e Terbutalina.
Padrón, A Matanza
Reinauguración da Casa de Rosalía: reinaugúrase a Casa de Rosalía con nova museoloxía asinada por Pepe Barro. Para celebrar a inauguración contarse cun concerto de Amancio Prada.
Toda a fin de semana
Forcarei, A Freixeira
Demonte Sound: festival itinerante da Terra de Montes con Skandalo GZ, Noite Fechada e varias bandas tributo.
Santiago de Compostela, Museo do pobo galego
Até o 24 de setembro
Parábola da abundancia: exposición fotográfica e videográfica do catalán Francesc Torres e a americana Berkowitz sobre o mundo das mariscadoras.