DEDICADA A CARLOS OROZA

Regresa a Ferrol a Semana da Poesía Salvaxe

Carlos Oroza [autora: Acidia]

Volve a poesía salvaxe á cidade do norte, agora de novo apoiada polo Concello, levando versos aos bares, aos hoteis, ao mercado da Magdalena. Con Manuel Rivas, Lucía Aldao, María Lado, Quico Cadaval...

A novena edición da Semana da Poesía Salvaxe, que terá lugar do mércores 13 ao sábado 16 de abril, está dedicada ao poeta de Viveiro Carlos Oroza, que faleceu en novembro do pasado ano en Vigo. 

Haberá proclamas poético-políticas, música, contos, poemas dedicados á xeración 'beat', homenaxes á República, versos enriba da lancha de Mugardos, nos mercados da Magdalena e de Recimil, nos bares da cidade, nas rúas, no Ateneo, no Hotel Suízo, no Cantón...

Os protagonistas serán os poetas, entre os que están Manuel Rivas, Lucía Aldao, María Lado, Silvia Penas, Dores Tembrás, Raquel Nobre, Leo Arremecághona, Karlotti, Roger de Flor e moitos máis.