O retrato para o que Rosalía posou xa pendura na súa casa
Rosalía posou en varias ocasións en Lestrobe para que o seu amigo Brocos fixera un retrato que había de rematar despois da morte da escritora. Agora o óleo pendúrase na Casa-Museo de Padrón, cedido pola Deputación d Coruña canda moblaxe da familia e cinco cadros de Ovidio Murguía.
A Casa Museo da Matanza expuña un óleo de Rosalía sobrecolledor. Tratábase do retrato da escritora morta, pintado polo seu fillo Ovidio Murguía. Era imposíbel non sentir estarrecemento diante do rostro da escritora inerte e o corpo amortallado retratado polo propio fillo. Agora, a que foi casa dunha familia á que a traxedia había deixar sen descendencia, acolle o que está considerado o único retrato en óleo para o que Rosalía posou en vida, malia o seu autor, o amigo Brocos, tivera que rematalo xa despois da temperá morte da poeta.
O retrato de Modesto Brocos, canda dúas butacas e un sofá que amoblaron a última residencia na Coruña da familia e cinco cadros de Ovidio Murguía forman parte agora do inventario da Casa Museo de Padrón, por cesión en depósito da Deputación da Coruña, expostas até agora no Pazo de Mariñán.
Regreso á súa casa
Supón “o regreso de Rosalía á súa casa”, sinalou o presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira, destacando en especial a historia que garda o propio óleo de Modesto Brocos, que visitou e
Gala, a última filla de Rosalía en morrer, gardou o cadro no domicilio familiar, nun cuarto privado pouco visitado por que non pertencía o pequeno círculo próximo. Da residencia da rúa San Agostiño da Coruña proceden tamén o sofá de tres prazas e as dúas butacas que forman parte xa da moblaxe expositivo da Fundación Rosalía de Castro. Cinco óleos de Ovidio Murguía, catro dedicados ás estacións do ano e un chamado “Muller lavando” pasaron tamén do Pazo de Mariñán á Matanza.