Rosalía, a raíña de febreiro
Aeroporto co seu nome, avión noruegués coa súa faciana… As previas deste Día de Rosalía que marca o seu 180 aniversario foron tan potentes que xa se fala de febreiro como Mes de Rosalía, o que indica que a data está máis que consolidada no calendario cultural galego. Escribimos sobre isto no Sermos Galiza 235, á venda na loxa e nos quiosques.
A figura de Rosalía, inmensa, enche xa todo o calendario de febreiro, con centos de actividades, desde lecturas de versos, a concursos de videopoemas, adaptacións gastronómicas, mobilizacións nas redes sociais. Mesmo unha asociación de comerciantes do Morrazo promoveu unha campaña por mor do seu 180 aniversario. Ou o Punto Gal, que puxo en marcha unha campaña de oferta dos dominios galegos ligados á súa imaxe e xogando cos teus textos.
[Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 235, á venda na nosa loxa e nos pontos de venda habituais]