A sala Gurugú presenta un proxecto de teatro galego-portugués

Una escena de 'A família do antiquário'.
Gonçalo Guerreiro dirixe a compañía portuguesa Teatro do Mira nunha adaptación de Goldoni.

A sala Gurugú da Coruña presenta esta fin de semana (1 e 2 de decembro, ás 20.30) o espectáculo A família do antiquário, posta en escena pola compañía portuguesa Teatro do Mira, nunha adaptación de María Torres e con dirección de Gonçalo Guerreiro, da compañía galega Elefante Elegante

O texto, do dramaturgo italiano Carlo Goldoni (1707-1793), conta a historia do conde Anselmo que leva á súa familia á ruína, polo seu intenso interese por adquirir e coleccionar antigüidades. Dáse o paradoxo de que descoñece profundamente o tema e, polo tanto, é facilmente enganado polo seu criado. Para mellorar a situación económica da casa, consegue casar o seu fillo con Doralice, filla dun rico comerciante que acaba asumindo a xestión dos bens da familia.

A versión de Teatro do Mira conserva as características populares da Commedia dell’Arte italiana, pero presenta unha reflexión sobre os modelos familiares tradicionais e propón unha visión feminina e contemporánea do texto clásico orixinal. 

Trátase dunha comedia satírica a partir da cal Torres e Guerreiro elaboran un espectáculo que fusiona teatro físico, danza e manipulación de obxectos, inspirándose inspirada na estética a  obra do pintor Marc Chagall (1887-1985).