Que facer?

Siniestro Total e Terbutalina no Festival Loro Facu de Miño

Siniestro Total
  • Sexta feira e sábado

Taragoña (Rianxo)

Antrospinos. Veterano festival no que participan Mini e Mero, Igmig, Leo I Arremecaghona e Os Vacalouras, entre outros.

 

  • Moaña

Intercéltico do Morrazo. Con representación de varios países celtas: Xabier Díaz, Fiandola e Milladoiro por Galiza; Tejedor por Asturias; os escoceses Rura; e os irlandeses Lúnasa, entre outros.

 

  • Sexta feira e fin de semana

Sargadelos (Cervo)

Gadélica. Encontro contemporáneo interdisciplinar de arte e cultura vangardista.

 

  • Miño

Loro Facu. Un festival cheo de rock de onte e hoxe: dende Siniestro Total até Terbutalina pasando por Ataque Escampe ou Familia Caamagno.

 

  • Monforte

Ribeira Sacra Festival. Música, viño, gastronomía e patrimonio en varios lugares e adegas. Con algún nomes ben coñecidos: Iván Ferreiro, Novedades Carminha ou Sumrrá.

 

  • Vigo

Museo Marco (até o 17 de setembro)

Exposición “Ánxel Huete. Unha revisión crítica”. É a primeira presentación de Ánxel Huete (Ourense, 1944) que fai un espazo da traxectoria do Museo Marco.