Que facer

Sinsal San Simón: un festival para esta finde con cartel secreto

Actuación d'O sonoro maxín.

Sexta feira e fin de semana

Illa de San Simón

Sinsal San Simón: un dos festivais máis especiais dos que se celebran no país. Música para os padais máis exquisitos que confían na organización plenamente xa que o cartaz é secreto.

                                             

Ortigueira / Porto de Espasante

Festival Entremareas: música, teatro e feira de artesanía e alimentación. Participarán bandas como Anaut, Electra, Andarivel ou Pepe Vaamonde Grupo.

 

Vigo / Casa das artes

Tempos dun encontro: Exposición de traballos de Ánxel Huete, Manel Lledós e Miguel Saco a partir da experiencia que os tres compartiron en Nova York a comezos da década dos 80.

 

Sábado

Boqueixón / Pico Sagro

Alba da groria no Pico Sagro: subida ao cumio do Pico Sagro, onde se lerá o “Alba de Groria” de Castelao, haberá música e recitado de poemas, entre outras actividades.

 

Cangas, Adro de Darbo

Noite dos mouchos: noite de música en Darbo co blues de Balea’s, a fusión d’O Sonoro Maxín, A Compañía do Ruído e Liviao de Marrao.