"Son muller", o tema co que Máis Boas Cás Patacas gañou a segunda edición do "Quero Cantar"
12 de novembro de 2017 (15:30 h.)
Son de Teo e acaban de gañar o segundo certame Quero Canta de música infantil e xuvenil organizado pola área de Cultura da Deputación da Coruña. VÍDEO NO INTERIOR
"Son muller", un canto de alento feminista, é o tema co que as mozas de MBCP se alzaron coa segunda edición do "Quero Cantar".
O grupo fórmano Lúa, Valeria e Ruth (vocalistas), Ana (guitarra), Sara (baixo), Cristina (piano) e Candela (batería).