- Sexta feira
Primavera enDanza
Carballo
Auditorio Pazo da Cultura
21.00h
Preestrea de Ulises e a nena durmida, con Ánxela Blanco. Un espectáculo de danza contemporánea que reinterpreta o regreso á casa de Ulises tras a guerra de Troia.
Encontros na casa de Rosalía
Padrón
Casa de Rosalía
10.30h
Primeira edición dos Encontros, organizado en colaboración coa Universidade de Vigo, que inclúe varios relatorios sobre a vida e obra da poeta.
- Domingo
O Sonoro Maxín
Bueu
Aturuxo Bar
21.30h
Xira presentación do seu novo espectáculo, “sete dezasete”, co cal celebran o seu décimo aniversario.
- Toda a finde
VI Festa da Sementeira
Vigo
Matamá
Contarán con olimpíadas do campo, monólogos, actuacións musicais, xantar popular e tamén, como non podía faltar, a tradicional sementeira do millo.
- Segunda feira
Masterclass de Hip-Hop con Adrián López
San Sadurniño
Casa da Cultura
16.00h
Obradoiros de Hip Hop impartidos por Adrián López, para crianzas e adultos. A seguir realizarase o II Concurso de Danza Brío.
IV Mondoñedo é Poesía
Mondoñedo
Auditorio Pascual Veiga
11.00h
Festival que pon en valor a tradición poética mindoniense e as voces actuais das letras galegas coa participación de destacadas figuras.