Que Facer

Soziedad Alkohólica, Nao e Reincidentes no Castelo Rock

Soziedad Alkohólika

Sexta Feira

Ribadeo

Os nomes do terror: Presentación na Mariña desta obra colectiva que afronta por vez primeira de forma global a investigación da represión en Galiza dende o punto de vista dos vitimarios.

 

Sexta Feira e Sábado

Muros

Castelo Rock: Para quen goste dos clásicos, en Muros daranse cita xente como Def Con Dos, Soziedad Alkohólica, Reincidentes e Nao, entre outros.

 

Zas

Festa da Carballeira: Unha das referencias do calendario folc galego, desta volta con Radio Cos, Milladoiro, os irlandeses Moxie e os bretóns Gwendal, entre outros moitos.

 

Sexta Feira e Fin de Semana

Guitiriz

Festival de Pardiñas: Chega o festival máis veterano que organiza a asociación Xermolos. Con pregón de Fina Casalderrey e actuación de Davide Salvado, entre outros.

 

Santiago de Compostela. Ata o 30 de agosto.

Feito a man: Máis de 80 espectáculos no Feito a Man máis ambicioso, que está dedicado a Narf e inclúe dous grandes concertos na Quintana: un en homenaxe a el e outro e Shooglenifty.

 

Sábado

Malpica. Praia de Canido.

Nordestazo Rock: Nova edición do festival malpicán, que conta coa presenza de Novedades Carminha, Banda Crebinsky ou Arizona Baby, entre outros.